Contrato apoio investigación - proxecto CRMWSE (2022)

04/02/2022

 

O proxecto de investigación “Cognitive representation of multi-word sequences in English: Converging evidence” (PID2020-118143GA-I00), financiado pola Axencia Estatal de Investigación (MCIN/ AEI /10.13039/501100011033) e desenvolvido por membros do grupo LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta o seguinte contrato para persoal de investigación con cargo ao antedito proxecto. 

Proceso de selección 

A selección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos “Requisitos e méritos” por unha comisión formada por membros/as do proxecto. Se fose necesario, as persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias nas técnicas e metodoloxías correspondentes. Posteriormente, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.

Requisitos e méritos 

  • Formación regrada: Grao/Licenciatura ou equivalente e/ou posgraos afíns. 
  • Nivel de inglés C1 ou superior (oral e escrito).
  • Experiencia demostrable en tarefas de investigación relacionadas coa liña de investigación: 
    • Experiencia previa análise fonética (acústica segmental) con software Praat.  
    • Experiencia previa codificación bases de datos con MS Excel.
    • Valorarase a experiencia en programación con R/RStudio.
    • Valorarase coñecemento de convencións ToBI (Tone and Break Indices) para a lingua inglesa. 
  • Capacidade de traballo en equipo e alta motivación. 

Características do posto (adaptadas o 09/02/2022 debido a cambios en lexislación laboral)

  • Duración: aproximadamente 6 meses a partir do 30/03/2022 (con posibilidade de renovación).
  • Modalidade: tempo parcial 16 horas/semana.
  • Horario: luns a venres de 10:00 a 13:15 horas (modificable con acordo da persoa contratada).
  • Retribución bruta: 750 euros/mes.
  • Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo, coa posibilidade de desenvolver parte ou a totalidade do traballo asociado de xeito telemático.

Prazo

Envío da solicitude co CV (formato libre) ata o 28 de febreiro de 2022 ao correo electrónico: davidtizon@uvigo.es. Na fase de selección, non é necesario xustificar documentalmente os méritos.