O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta os seguintes contratos para persoal de investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.
Proceso de selección
A selección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. Se fóse necesario, as persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias nas técnicas e metodoloxías correspondentes. Posteriormente, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.
Requisitos e méritos
- Formación regrada: Grao/Licenciatura en Estudos Ingleses ou equivalente e/ou posgraos afíns
- Coñecemento demostrado na liña de investigación
- Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación
- Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación
Características da contratación
- Duración: 3 meses a partir do 1 de setembro 2021
- Modalidade: Tempo parcial 12 horas/semana; luns a xoves de 11:00 a 14:00 horas
- Retribución bruta: 775 euros/mes
- Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo, coa posibilidade de desenvolver parte ou a totalidade do traballo asociado de xeito telemático
Prazo
Envío da solicitude co CV ata o 23 de xullo de 2021 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non é necesario xustificar documentalmente os méritos.
1) Contrato 2021/01
Liña de investigación: Variación morofosintáctica en World Englishes e creación de recursos para o seu estudo
Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:
- busca de fontes de datos lingüísticos co fin de compilar un corpus textual de inglés contemporáneo
- transcrición e anotación XML dos textos seleccionados
- elaboración de informes
- manexo das redes sociáis con fines académicos
2) Contrato 2021/02
Liña de investigación: Análise acústica de variedades estándares e non estándares de inglés falado e estudo cualitativo das actitudes do alumnado de inglés lingua estranxeira con respecto ás variedades analizadas
Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:
- recollida de mostras de inglés falado de falantes non nativos/as e selección de mostras en corpus orais de inglés nativo
- análise acústica mediante Praat de mostras de lingua oral en inglés de falantes nativos/as e non nativos/as, con especial atención á prosodia (entoación e ritmo) das variedades analizadas
- estudo das actitudes do alumnado de inglés como lingua estranxeira con respecto ás caracterizacións prosódicas estándar e non estándar descritas acusticamente
3) Contrato 2021/03
Liña de investigación: Sociolingüística histórica
Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:
- estudo das prácticas epistolares na historia da lingua inglesa dende unha perspectiva lingüística e socio-pragmática, en particular en relación ás “salutations” e “forms of address”
- busca en arquivos, documentación, cataloguización e análise dos manuais e os seus contidos
4) Contrato 2021/04
Liña de investigación: Fragmentos en inglés contemporáneo
Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:
- busca e anotación de fragmentos dun corpus etiquetado do inglés (ICE-GB mediante ICECUP)
- preparación de resultados estatísticos, visualización e validación destes
5) Contrato 2021/05
Liña de investigación: Adquisición fónica e conciencia fonolóxica
Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:
- tratamento e etiquetado de datos fónicos mediante PHON, PRAAT, etc.
- apoio á elaboración de estudos científicos artículos relacionados con conciencia fonolóxica